‘Canto Raibas’ é o terceiro SINGLE da banda coruñesa BREO
Esta cantiga é unha adaptación da cantiga “Cando canto, canto rabias” recollida por Baldomero Iglesias en 1984 (Frades) a Ricardo Lagares, Cesáreo García Sánchez, Florinda, Consuelo e María, coñecida a través da páxina do APOI. Para este tema contaron coa voz de Sabu l’Aviseu, cantante do grupo D’urria recreando, en certa maneira, a recollida que inspira este terceiro SINGLE.
BREO, un novo grupo de folk que emana e bebe da tradición galega, mesturando a música tradicional e a cultura inmaterial de Galiza con novos sons, creando unha música contemporánea de raíz.
Cun directo potente, fresco, e á súa vez maino afabel, BREO translada, coa forza de todos e cada un dos seus compoñentes, a importancia e o valor de que as nosas músicas continúen vivas.
PICA AQUI PARA ESCOITAR O NOVO SINGLE