¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso.

Acepto

Sés, abarrote de emoción en A Coruña (La Opinión de A Coruña)

A artista encheu o Palacio da Ópera para cantar temas do seu último traballo e repasar grandes éxitos, e subiu ao escenario á cantareira Teresa dos Cucos

Moitos saíron este domingo chorando do Palacio da Ópera da Coruña. Poucas veces na vida se pode asistir a un espectáculo tan emocionante coma excepcional e tan cargado de significados. Era unha cita que sufriu varios aprazamentos pola pandemia e María Xosé Silvar, Sés, prometera un regreso con sorpresas pero a presentación do seu último traballo, Liberando as arterias, converteuse nun dos grandes acontecementos culturais deste ano na Coruña, de xeito que xa no medio da actuación o público que encheu totalmente o recinto (maiores, mozos, familias con nenos e moitos bebés) tivo que poñerse en pé e aplaudir durante minutos.


A artista amosou coma sempre a sú extraordinaria xenerosidade subindo ao escenario, a gran mestra Teresa Reigía Pose, máis coñecida coma Teresa dos Cucos, a malpicá que hai dous meses recibiu o premio Mestra da Memoria 2021, unha muller de 74 anos cun don natural para o canto, que fai cousas inalcanzables coas cordas vocais, sen que lle aprendesen, e que lle ensinou a todos os que foron á súa casa, coma a Sés, a Xabier Díaz, a Mercedes Peón e tamén ás Tanxugueiras. Teresa deixou a carne de galiña ao público cos cantos tradicionais que ela mantén vivos na súa memoria, e o calme foi o dúo final con Sés, que foi o que levantou a todos do asento.


Xunto a esta sorpresa, o recoñecemento aos mestres tantas veces anónimos, os asistentes ao concerto gozar coas cancións do seu último traballo e tamén con pezas doutros, temas xa tan coñecidos coma Non son fada, Semente de vencer ou Tempestades de sal. Polo medio, o público tamén se ergueu e bateu palmas entusiastas coa actuación de Ramón Filgueira, Figui, un prodixio que consegue que a súa harmónica pareza unha orquestra enteira, a veces soando coma un piano, ás veces coma un saxo, ou unha guitarra.


Sés combinou a guitarra clásica coa eléctrica e a batería, e introduce instrumentos tradicionais galegos coma a pandeireta. O coro tamén foi moi aplaudido, tres mulleres que acompañaron con pandeireta, unha delas cunha fermosa voz, outra, Sabela, que deixou a todos abraiados e fixo certa a frase de Sés: “A xente pregunta, que instrumento non sabe tocar Sabela?” Porque tocou a pandeireta, as castañolas, a gaita, percusión, vento...


Non faltou, cara o final, a representación do que sería o final clásico dunha festa galega de antes: , catro músicos con gaita, tamboril, tambor, con Sés e un extraordinario bailador amosando ese patrimonio inmaterial do baile sobre o escenario. Entre peza e peza, coma sempre, os diálogos da cantante, as súas mensaxes feministas e a súa defensa incansable da lingua e da cultura galegas, insistindo en que cantas máis linguas se saiban mellor, e que todas son boas pero ningunha é superior á outra e o único que non se pode permitir é deixar que unha morra.


Sés pode ser quizais a/o mellor intérprete que hai agora mesmo en España, alúmenos o máis completo: escribe as súas cancións (letras que sempre din algo) e a súa música, que sobre o escenario canta e baila e toca, e pasa dun tema roqueiro a unha milonga, dunha peza case pop a un cantar a capela ao xeito das cantareiras tradicionais. Unha flexibilidade vocal que lle permite tocar todos os estilos, unha potencia de voz extraordinaria e que usa con xenerosidade, ata o punto de que o público ás veces teme porque se lle crebe. María Xosé Silvar sacrifica ter maior éxito, sen embargo, en favor do seu compromiso e a súa ideoloxía. Ese compromiso e coherencia coas súas ideas fai que non teña presenza en moitos festivais ou programas, que a súa calidade artística non teña a relevancia que merece o seu talento, pero como di ela mesma, hai cousas que están por riba dos cartos. E seguro que non espera que lle dean a Medalla Castelao.


Fuente: Periódico La Opinión de A Coruña
Foto: Carlos barcia Trashorras

Artículos relacionados (por etiqueta)