Neste sétimo traballo SÉS segue evolucionando co seu particular son que a consagrou no máis alto, e no que conflúen unha escolma de cancións, con letra e música compostas pola propia cantante.
SÉS ven de converterse nunha das artistas de maior éxito en Galiza, polo seu carisma e discurso, así como pola forza e calidade das súas cancións, que sen dubida levarana a conquistar outros territorios.
Co disco ‘Liberar as arterias’, que verá a luz en febreiro de 2020, SÉS iniciará unha xira de concertos que a por diferentes escenarios de América del Sur , diversas cidades do estado (Barcelona, Ponferrada, Bilbao, Donosti, Málaga, Madrid, Asturias, Valencia..) e aos principais teatros galegos.