¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso.

Acepto

Músicos como Bieito Romero, Javier Cedrón e Víctor Iglesias, ademais dos bailadores Xiao Mogín e Nacho Couselo, acompañarán ao grupo na estrea ao vivo do seu álbum debut.

O Teatro Rosalía Castro converterase no serán do vindeiro venres, 18 de setembro, nun auténtico escenario de lenda. O grupo de folk contemporáneo Dequenvessendo dará a coñecer ao vivo, e ante o público coruñés, Canto das xacias, o seu álbum debut.

Con Canto das xacias, publicado o pasado 8 de setembro,Dequenvessendo mergúllase na lenda dos xacios ou xacias, os seres metade humanos e metade peixes que habitan, segundo o imaxinario popular, no fondo dos pozos e dos ríos galegos. Sonoridades celtas, atlánticas e de raíz conflúen sutilmente nun álbum no que a banda fía un relato singular, a da lenda da xacia de Chouzán, a través de once temas de creación propia que se acompañan de textos de autores das notas letras. O disco, editado por XINGRA e producido por Mirmidón, chega após unha campaña de micromecenado e pódese escoitar nas principais plataformas dixitais (https://links.altafonte.com/ee5d5vk).

O concerto deste venres 18 comezará ás 20.30 horas. Sobre as táboas do Teatro Rosalía Castro, a banda, que emerxe de agrupacións de música tradicional, exporá o seu son singular, ateigado de influencias e matices que converten este primeiro álbum nunha estimulante actualización do folk celtoatlántico. Dequenvessendo, ademais, contará coa compañía dos bailadores Xiao Mogín e Nacho Couselo, así coma e de músicos de recoñecido prestixio no país. É o caso de Bieito Romero, Javier Cedrón e Víctor Iglesias, que tamén colaboran neste primeiro disco, ao igual que artistas como Sés, Xosé Liz, Nani García ou Xabier Ferreiro ‘Man’. As entradas para esta sesión, a primeira das datas da xira de presentación, pódense adquirir a partir de 7,50 euros na páxina web https://corunacultura.sacatuentrada.es/. A seguinte parada o 19 de setembro en Xunqueira de Espadanedo e o 21 de outubro en Santiago de Compostela.

Publicado en Noticias