Imprimir esta página

SES anuncia as primeiras datas da presentación en Galiza do seu vindeiro traballo discográfico “LIBERAR AS ARTERIAS”

SÉS presentará o seu novo traballo discográfico ‘Liberar as arterias’, no Teatro Afundación de Vigo o 6 de marzo e no Pazo da Opera da Coruña o 22 de marzo. As entradas estarán dispoñibles a través de Ataquilla.com  o día 16 decembro de 2019 ás 10:00.

Neste sétimo traballo SÉS segue evolucionando co seu particular son que a consagrou no máis alto, e no que conflúen unha escolma de cancións, con letra e música compostas pola propia cantante.

SÉS ven de converterse nunha das artistas de maior éxito en Galiza, polo seu carisma e discurso, así como pola forza e calidade das súas cancións, que sen dubida levarana a conquistar outros territorios.

Co disco ‘Liberar as arterias’, que verá a luz en febreiro de 2020, SÉS iniciará unha xira de concertos que a por diferentes escenarios de América del Sur , diversas cidades do estado (Barcelona, Ponferrada, Bilbao, Donosti, Málaga, Madrid, Asturias, Valencia..) e aos principais teatros galegos.

Artículos relacionados (por etiqueta)